Comezaba o
ano 1901 e España tiña coma monarca Rexente a María Cristina de
Habsburgo-Lorena e coma Presidente do Consello de Ministros ao conservador
Marcelo Azcárraga. En Bueu o alcalde era Miguel Nogueira Fraguas e o xuíz de
Paz o avogado Joaquín Pimentel dono do Pazo de Sta. Cruz. E como que a historia
dos últimos séculos está salpicada de episodios máis ou menos virulentos na que
a relixión está no epicentro da loita política polarizada, ao arredor destas
datas, entre o conservadorismo[1] e
liberalismo[2].
Calquera ocasión, calquera medio era aproveitado para
a confrontación dialéctica e moito máis se estaban preto dunhas Eleccións
Xerais como a que acabou co triunfo liberal de Sagasta (1901) e que en Bueu
acendeu aos máis integristas[3] que
arroupados baixo as ideas de Cándido Nocedal e a revista El Siglo Futuro fan públicas, neste último medio, as súas ideas
máis “clericais” e conservadoras tal como podemos ler facendo bandeira como
máxima do título do libro de Sardá “El
Liberalismo es pecado”:
Ningún comentario:
Publicar un comentario