A tradición de alugar durante as vacacións estivais remóntase, cando
menos, ao século XIX pero non así a súa incursión e propaganda nos medios de
comunicación.
En previsión da tempada do verán de fai máis de 100 anos lemos, por
primeira vez na prensa madrileña, un anuncio do aluguer dun piso (casa?) a uns
200 metros da “fermosa praia” da “bonita vila” de Bueu.
Este anuncio sae polo menos en dúas datas e xornais:
1º En El Liberal do 4 de maio de 1904
2º En El Imparcial do 7 de maio de 1904 páx. 6
E non será ata 1953 cando volvamos a ver un reclamo na sección “Anuncios por
palabras” do ABC do 5 de maio, na páxina 42
E no
mesmo xornal ABC dous anos máis tarde (o 12-05-1955 páx. 61)
1 comentario:
Soamente decir que é unha maravilla ler este monllo de entradas que nos descubren a riqueza histórica de Bueu, moitas grazas por compartila con nós!!
Gustaríanos moito que poideses ler as nosas pescudas que publicamos no novo blog http://pescuda.blogspot.com.es
Sería un incrible regalo que nos comentase o escrito nel.
Un saúdo e a seguir escribindo!
Publicar un comentario