BANDO
O ALCALDE DE BUEU
FAI SABER: que en cumprimento de disposicións vixentes, entre elas o artigo
16 das Ordenanzas municipais, acordei previr.
1º Que durante os días de Entroido non se permitirá a circulación polas
rúas de persoas con disfraces que leven a cara tapada.
2º Prohíbese así mesmo o uso de traxes que simbolicen institucións o
membros da mesma e todos os que estean determinados para as distintas autoridades.
3º As persoas que se disfracen e queiran cubrir o rostro con anteface,
durante o día, solicitarán desta alcaldía a correspondente licencia e unha vez
obtida haberán de levar un número en sitio ben visible do disfrace.
Para o cumprimento do exposto encarezo a todo cidadán, amante da orde, ase
mesmo aos dependentes da miña autoridade e demais Axentes da mesma, deteñan e
poñan á miña disposición ao contraventor deste bando.
Bueu 6 de febreiro de 1932
Asina o Alcalde: Jesús Prieto
Ningún comentario:
Publicar un comentario