Aínda
que non estaba previsto, e dado que o Entroido foi prorrogado por mor do mal
tempo e agora estou a espera de que os netos veñan a disfrazarse para saír nel
vou pór o texto do telegrama que o alcalde de Bueu, ao igual que o resto dos
alcaldes da provincia, recibiu do Goberno Civil no febreiro de 1935. Esta documentación
transcrita tamén sérvenos para entender mellor a entrada do blog anterior aínda
que sexa outro ano:
“Próximas festas
entroido, non se permitirá circulen polas rúas máscaras con anteface nin de
noite nin de día, pudendo soamente nos bailes de Sociedade e demais Centros,
coas garantías necesarias esixindo todos medios cumprimento esta orde . En
canto a comparsas, estudantinas, murgas, etc. así como coplas que se propoñan,
cantar ou dicir, é facultade desa alcaldía autorizalas tendo en conta sempre
estado excepcional alarma y circunstancias localidade que terá moi presentes se
entendera conveniente e oportuno prohibir batallas serpentinas e conffety.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario