Matilde Bares
Giráldez, mestra dun grande número de bueuenses que tiveron que optar pola
emigración ten, en recoñecemento ao seu labor coma docente e animadora da
cultura, unha rúa en Bueu e ponse baixo o paraugas da súa figura á
celebración do día Internacional da Muller traballadora (e ata tivo un certame
que levaba o seu nome).
Irmá de Manuel
Antonio Bares, tamén mestres, escritor, home de negocios e emigrante na
Arxentina. Manuel Antonio foi fundador e presidente do Banco de Galicia.
Precisamente nesta labor de xerente do banco foi homenaxeado, coas familias dos
directores do Banco por outro próspero emigrante galego, Vicente Ramos que
entre outros negocios posuía os principais teatros porteños como o “Cómico”, o
“Comedia” e o “Colón”. E precisamente nesta festa, marzo de 1906, é onde vemos
reflectida a presenza de Matilde Bares na Arxentina. Unha reportaxe na revista
“Caras y caretas” dan testemuña
gráfica. Este sería a súa única viaxe a terras americanas. Seu irmá sería o que
viría un par de veces máis por Bueu.
Na
fotografía Manuel Antonio Bares é, dos que están de pé, o terceiro pola
dereita.
A muller que está sentada diante del con vestido escuro é a súa irmá, Dona Matilde Bares.
A muller que está sentada diante del con vestido escuro é a súa irmá, Dona Matilde Bares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario