Relido
o artigo Castelao
en Beluso escrito por Miguel García
García no seu blog Aernobriga volvo a
quedar de novo impresionado pola claridade, precisión ou ‘rigor histórico’ é
polo aire de frescura que reflicte nos seus escritos. E co ánimo de aportar algo
máis da figura de Castelao e Bueu, que desexo se siga a incrementar no
futuro, e polo que engado o apunte
seguinte:
O
20 de xullo de 1935 o alcalde de Bueu, Ramón Domínguez Ferradás, recibe un
telegrama do Gobernador Civil no que lle da conta da solicitude do Presidente
do Partido Galeguista en Pontevedra, Víctor Casas, para celebrar un mitin no
domingo 21 ás catro da tarde no que tomarían parte, o solicitante, Gerardo
Álvarez Gallego, Alejandro Bóveda, Alfonso R. Castelao e Manuel Gómez Román.
Para isto doulle autorización coas seguintes condicións: Que o mitin tivera
lugar nun local pechado e que a alcaldía designara un Delegado “que asista ao acto e adoptar as medidas
convenientes orde” e que lle deran conta ao gobernador.
O
día 22 de xullo o alcalde remítelle un telegrama ao Goberno Civil co seguinte
texto. “En cumprimento comentado por Vd. en
telegrama do día 20, debo participarlle que non se celebrou no día de onte mitin
algún de propaganda galeguista, e só tivo lugar un xantar na carballeira de
Sanamedio a onde concorreron un pequeno grupo de afeccionados a dito partido ou
simpatizantes co mesmo.”
O por que non se celebrou o mitin con esas
persoas relevantes do Partido Galeguista
descoñecémolo pero o que si se pode aportar é que Castelao nesas datas
non podía vir a Bueu xa que seguía confinado en Badaxoz (estivo ata o 6 de
setembro que puido saír grazas ás xestións do, daquela ministro de Gobernación,
Manuel Portela Valladares).
Como podedes ver no artigo de Aernobriga
o 6 de outubro dese ano de 1935 tamén convocouse un novo mitin que non puido
celebrarse por desautorización do Gobernador Civil.
2 comentarios:
Moitas grazas pola referencia ao blog e polas túas palabras Arturo. Noraboa polas recentes entradas!
O que digo non é gratuíto senón moi merecido. Unha aperta
Publicar un comentario