Nemeton / Arquivo Agulla |
Esta fin de semana coa organización,
entre outros, de dous festivais de
música tradicional e folclórica (Festival Recordos, o venres; e o sábado do
Festival Alborada), festivais no Aturuxo[1], da actuación de Carlos
Núñez e o seu grupo e, o vindeiro fin de semana, coa volta do SonRías Baixas fan que Bueu rezoume
música por todos os recunchos.
Isto, e que acabo de
chegar dunha máxica actuación na Igrexa, fanme cambiar a Entrada do blog prevista
e elixir outra que nin pensaba...
Neste caso dar a coñecer[2]
un pouco máis a un Grupo folk Nemeton fundado en Bueu por tres
mozos desta vila aló polo ano 1976 (actuaron ata o 1978):
Emilio Rodríguez Miranda (Voz, guitarra acústica e española, frauta doce)
Miguel Agustín Pouseu Loira ‘Tinso’ (Zanfona, guitarra acústica e española)
Isidro Cortizo del Río (Voz, guitarra acústica e española e pandeiro)
e algunha vez acompañounos Fito
(Adolfo ‘O Chino’)
Nemeton / Arquivo Agulla |
“O nome do grupo fai referencia a un recinto
sagrado nun claro da fraga onde ofrecíanse sacrificios aos deuses. Neste
caso, ao deus celta NETON”
Actuaron nunha chea de
lugares e escenarios: foron teloneiros de Fuxan os Ventos nas festas da Banda
do Río, así como en Cela e no Paraninfo do Instituto Sánchez Cantón en
Pontevedra; tamén con Amancio Prada no cine Veiga de Moaña, na Carballeira de
Bronlle; tamén de Suso Vaamonde, etc. Actuaron na Casa do Mar en Bueu,
acompañados por Antonio Cerviño Loira (hoxe profesor de piano no conservatorio
da Estrada), na que tocaron e cantaron unha Cantiga de Alfonso X o Sabio;
actuaron da man da Asociación Cultural Liboreiro, etc.
“Sempre acompañábanos Pepe, o
irmán de Tinso que, por certo, como bo carpinteiro (coma seu pai) fixo esa
zanfona que aparece na foto cuspidiña a unha que figura no museo Provincial de
Pontevedra.
[2]
Está xa incluído, dende hai uns días, na edición dixital da Revista o Candíl nº
18 “A música en Bueu no correr dos
tempos” que está nas miñas webs. Que tamén podedes baixar (páx. 36)
neste enderezo: https://db.tt/QtOmcddR
Ningún comentario:
Publicar un comentario