Hai uns meses escribín un artigo para a revista Aunios nº 21[1] co título “Apuntamentos da illa de Ons e a Falanxe” onde facía unha recolleita de datos, dende 1938 a 1950, que puña, entre outras cousas, de manifesto a utilización das penurias dos habitantes de Ons por parte de institucións de Beneficencia ou mesmo gobernativas.
Remataba o artigo
dicindo: “Uns anos despois, 1949-1950, Ons vai caendo no esquecemento para as institución de Beneficencia e Axuda. Así pódese constatar que nas relacións de Familias Pobres do concello de Bueu ás que se lle adxudican vales de Nadal para artigos de alimentación non aparecen ningunha da illa de Ons.”
Polo visto esquecín algún
“acto”[2] a partir desas datas como
o que está reflectido que transcribo a continuación[3]: “Con
motivo da festa do pescador humilde que se celebraría o próximo domingo día 3 [de
agosto] na illa de Ons, o Excmo. señor
gobernador civil da provincia Dr. Palao Martialay, fixo entrega ao Gremio de
Mareantes encargado da organización daquela simpática festa, de tres canistreis
de roupa confeccionada pola Sección Feminina de Falanxe Española con destino a
outras tantas familias de mareantes humildes.
O Gremio de Mareantes expresa
a súa gratitude sinxela á primeira autoridade civil da provincia por este risco
de xenerosidade co pobre home do mar.”
Queda dito!
[1] Enlace
ao artigo Aunios 21: https://db.tt/7xdbF73e
[2] Aínda que non houbera moitos.
[3] Do xornal La Noche do 30 de xullo de 1952 páx.1
Ningún comentario:
Publicar un comentario