O pasado 9 de agosto a Casa de Cultura de
Bueu cumpriu 25 anos dende que fora inaugurada. Vinte e cinco anos nos que a
Biblioteca facilitou o acceso á Cultura a centos de rapaces e adultos do noso
concello.
Eu, a parte de felicitalos quixera que as
institucións municipais, e a cidadanía en xeral, se impliquen máis coa Biblioteca para que teña a
posibilidade de ser un elemento importantísimo de dinamización cultural.
Por lembrarlles algo voulle pór a cara que
puido ter a Casa de Cultura de ser elixido calquera outro dos proxectos
presentados para a súa construción.
Nota:
Se foramos ao fondo dos proxectos veríamos que non só variaría o elemento
estético senón, e iso sería o máis importante, os presupostarios e os elementos
funcionais e de espazos. Moita xente sempre considerou que adoecía, entre
outras cousas, do espazo necesario para actividades como a dos centros
educativos ou actuacións e actos que atraen a un público numeroso ou que
precisan dun escenario amplo.
Os proxectos comezaron a presentarse no ano 1983. A 7 de xuño de 1986 por Acordo Plenario encárgase da redacción do proxecto ao equipo técnico formado polo arquitecto José Miguez León, Miguel Juncal Pereira e Manuel Cerviño García. O presuposto foi de de 26.764.291 pesetas. A aprobación do proxecto definitivo por parte do Pleno do concello foi na Sesión Ordinaria do 9 de decembro de 1986.
Arquitecto José Miguez León, Miguel Juncal Pereira e Manuel Cerviño García
Arquitecto
Arturo Dapena, José A. Hermo e Ignacio Hermo
Arquitecto
Federico del Campo Navarro
Outro
proxecto
Como elemento de curiosidade dicir que o
folleto da inauguración tivo como espello o da Casa de Cultura de Urretxu (Gipuzkoa) co distingo que este último pasou de ser de folleto
inaugural a un estable de información-guía coa localización das dependencias do
inmoble e das actividades que alí se realizan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario