Lido
na prensa de hoxe que o alcalde convocaba para o vindeiro xoves aos portavoces de
todos os grupos políticos para consensuar unha declaración pública que se faría
efectiva na vindeira sesión plenaria sobre a eliminación dos símbolos
franquistas xa que, segundo di o articulista, é para facerse eco dun escrito
presentado o pasado ano pola Asociación Johan Carballeira. Hasta aquí todo
parece “normal” pois segue a ser un problema recorrente espallado no espazo e
na xeografía dos pobos no panorama nacional, sobre todo a partires da
promulgación da Lei 52/2007 de 26 de decembro coñecida como Lei da Memoria
Histórica.
Invitación á Inauguración na
igrexa de Cela
|
Pero
tamén en Bueu é un asunto reiterado, pois xa en setembro de 1987 houbo unha Moción
na que se dicía: “O PSdeG-PSOE cre que os falecidos na guerra civil morreron en defensa
dos seus ideais, tanto os dun bando como os do outro, por iso os privilexios
dalgúns deben acabar.Polo anteriormente
exposto, queremos que a corporación tome o acordo de xestionar coa Igrexa para
que se retiren en todas as igrexas desta vila, os nomes dos mortos na guerra
civil que están nas súas fachadas.”
A
Moción foi votada favorablemente polos 7 votos do PSOE e BNG e rexeitada polos
9 votos de A. P. (Alianza Popular) que era o grupo de goberno. Na intervención
previa á votación o Sr. Alcalde dixo “que entende que as decisións que se tomaran no seu
momento, posiblemente por familiares, Igrexa e Estado, son decisións que se
tivera que cualificalas as cualificaría de desafortunadas, pero entende que nas
lápidas coas inscricións dos mortos, as únicas persoas que poden tomar
decisións ao respecto, son os familiares, anunciando, por elo, o voto en contra
do seu grupo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario