Inicio aquí una serie descontinua de entradas do blog que, ao longo dun
tempo, fale de multas en distintos períodos da nosa historia. A desculpa son as
multas, o relevante é o motivo das mesmas que nos axudarán un pouquiño a entrever
comportamentos persoais e, sobre todo, preocupacións sociais ou institucionais.
‘Ameaza’ de
multas do arcebispo aos curas de Bueu
Na visita, tal como o dispuña o “Ritual Romano e Canónicas disposicións”,
do Ilmo. Sr. D. Caetano Gil Taboada, Arcebispo e Sr. de Santiago á Fábrica San
Martiño de Bueu o 18 de xullo do ano 1747, sendo cura reitor desta D. Caetano
de Barcenilla resolveu entre outras cousas os Mandatos:
1º Multa dun ducado: ao clérigo que
non leve sotana, peliza e bonete nas funcións da igrexa. Extensiva a multa ao
cura ou reitor da parroquia que o permita:
“Que este cura non admita a clérigo algún a funcións na súa igrexa sen que
leve e se poña sotana, peliza e bonete, so pena ao clérigo que o fixese, e ao cura,
ou prior que o disimulase, ou consentise,
a un ducado”.
2º Multa dun ducado: ao clérigo que
celebre a misa sen sotana:
“E baixo esta mesma pena ningún presbítero celebre o santo Sacrificio da
Misa sen loba [sotana] ou, polo
menos, sotanilla, que se comprará nesta igrexa dentro de dous meses a costa do
Caudal da súa fábrica”
3º Como deben ir os curas vestidos
ás romarías, feiras,...:
“Que así os presbíteros e ordenados de orde sacro como os de menores [subdiácono, exorcista, acólito, hostiario e lector] que gozan do foro eclesiástico non concorran
ás romarías, feiras e máis funcións, e presentes públicas sen hábito honesto e correspondente
ao seu estado, gola e colo ou, polo menos, con esta insignia para que sexan
coñecidos e respectados como é debido”.
3º Os curas non poden facer
exorcismos:
“Que ningún sacerdote secular poida exorcizar, nin facer escritores sen especial
e expresa licencia nosa”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario