Estamos
a mediados do ano 1839 e presidía a alcaldía de Bueu Manuel González. Este
recibe unha carta do Gobernador Civil, José Valladares na que lle transcribe a
denuncia cun médico que exerce en Bueu, Mº José Puyol, fai doutro suposto
médico-intruso, para que o investigue á vez que lle pide información do
denunciante de se “é profesor aprobado de
medicina ou ciruxía e se presentou a ese Concello o correspondente titulo que
así o acredite”.
Desta
noticia o alcalde tiña coñecemento pois o José Puyol xa llo denunciara
verbalmente e por escrito.
O
raro de todo isto é que ninguén se preocupara de, polo menos, investigar ao
suposto infractor, Antonio Meira, xa que o acusaban de exercer a medicina no
noso concello como “intruso na ciencia de
curar” e do que se pedía cesara nas súas prácticas. Moi ao contrario “antes ben o Meira seguía con maiores excesos”.
Transcrición
da carta do gobernador ao alcalde de Bueu:
“O que asina
Licº Mº José Puyol, en papel de 4 do corrente, dime o que sigue: ‘Despois
suplicado verbalmente por dúas veces á D. Manuel González Alcalde
constitucional de Bueu e xurisdición mandase cesar nos seus excesos á Antonio
Meira intruso na ciencia de curar e vendo que as referidas súplicas non
producían o efecto que en xustiza era de esperar, antes ben o Meira seguía con maiores
excesos: en 24 do anterior oficiei ao Sr. Alcalde cuxo oficio entreguei ao
Secretario do Concello por estar aquel ausente para que con ará que me manifeste
o canto lle connote ou poida indagar sobre o asunto, engadindo se o citado
Puyol é profesor aprobado de medicina ou cirurxía e se presentou á ese Concello
o correspondente título que así o acredite.
Deus gue. á V. mos
as Pontevedra 29 de xullo de 1839
José Valladares’
Ningún comentario:
Publicar un comentario