Por se alguén non se decatou hoxe é
20 de novembro. Día sinalado por algúns no panorama político do pasado onde uns
lembran a morte de Franco (1975), outros a de José Antonio (1936), outros a do
político anarquista Buenaventura Durruti (1936), etc. e outros exixen que se
aplique a Lei de la Memoria Histórica (Lei 52/2007).
Máis o que eu quero, sen esquecer o
pasado, é resaltar neste aniversario outra cousas como é felicitar a Nacións
Unidas xa que tal día como hoxe no 1959 se aprobou a Declaración dos Dereitos
do Neno. Parabéns asociados á reclamación dun seguimento máis firme para evitar
a violación sistemática contra eses dereitos que, 57 anos despois, aínda se
dan no mundo.
E no ámbito de Bueu parabéns para o
noso concello xa que se cumpren 172 anos da pertenza da Illas de Ons ao
territorio municipal. Tal día coma hoxe de 1844 por Real Orde aceptouse a
solicitude do Marqués de Valadares propietario da Illa de Ons, pola súa dona, de
que se segregasen do concello de Sanxenxo (ao que pertencían dende 1837) e se
adscribise ao de Bueu esgrimindo entre outras razóns: “por ser o Continente máis próximo”. Estes mesmos razoamentos foran utilizadas
para unilas ao concello de Sanxenxo 7 anos antes.
Tamén. e referido ao noso concello.
un 20 de novembro de 1930 publicítase en Vida Gallega a constitución dunha
sociedade recreativa en Bueu:
E xa postos a felicitar, facelo aos
case que noventa nacidos neste día dende que Ons é buenense. Parabéns a todos! Dende
Carmen Piñeiro E. (1844) pasando polo amigo Miguel (1954), Cesáreo (2010), etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario