Ao longo de moitos anos unha forma de
asegurarse atención médica era pagando a “Iguala”. É dicir, unha cota mensual,
trimestral ou anual a un médico ou practicante. Era unha especie de seguro que
en Bueu, ao igual que en moitos sitios do país perdurou ata o último cuarto do
século pasado e que desapareceu practicamente no ano 1989[1];
ano desde o que a asistencia sanitaria en España é universal e gratuíta.
O prezo estipulado polos servizos
médicos o puña o facultativo, aínda que as veces consensuado cos posibles
pacientes. No caso dunha cidade ou dunha vila con varios médicos, estes tiñan
que pórse da cordo, a través dunhas normas, para evitar roces entre eles e para
distribuír o número de pacientes.
Iso requiría asinar uns estatutos nos
que o cadro médico tiña que asinar todos.
Aquí vou mostrar, a modo de exemplo,
a Acta do acordado polos médicos de Bueu, Rogelio Val Barros, Ignacio Lis, José
Mato Soto e Luís Prieto García, no mes de abril do ano 1925 que fixeron pública
no Boletín do Colexio Médico (páx. 7-9) de xullo dese mesmo ano:
Dicir ao respecto que coexisten hoxe
en día no mundo da medicina, aínda que de forma residual, o réxime de igualas con
outros seguros e as “cotas” da Seguridade Social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario