Na primeira metade do
século XIX publicouse un Real Decreto pola cal os irmáns, pais ou parentes dos
desertores tiñan que presentarse a cubrir a praza deixada por este ao desertar
e se non o facían ao cabo de certo tempo serían arrestados.
E a raíz disto atopámonos
que no ano 1839 hai unha reclamación ao Xefe Político da Deputación para que
non se cumpra esta Norma na persoa dun mozo de Bueu, chamado Eusebio Cerviño,
que se lle quere obrigar a pasar o servizo como soldado de terra, en recrutamento
dun primo seu desertor.
A reclamación invoca unha
serie de circunstancias que terían que anular dita orde:
-
Que el non vivía nin co seu primo nin co
seu irmán que por certo desertou tamén!
-
Que el xa está como Matriculado da Armada
e non de “Terra” como si o serían outros primos destes desertores: Que serían “moi aptos para o servizo [no Exército de Terra]
e con bens suficientes de máis de dez
mil rrs para comprar un home pola súa conta (para que fixese a
‘mili’ por el) segundo manifesta a irmá
de dito matriculado”
O Sr.
Comandante Militar do Terzo Naval e Provincia de Vigo, con data 1º do actual,
di a esta Deputación o sigte:
“Eusebio
Cerbiño, matriculado polo Porto de Bueu, representoume, que habéndolle tocado a
sorte de soldado a un primo seu que desertou, se lle obriga a pasar ao servizo
no seu recrutamento; sen embargo de que eu conceptúo de que esta disposición terá
sido sen dúbida ignorando a circunstancia de Matriculado que concorre no interesado
e que se lle deixaría en plena liberdade logo que eu fixese presente a Vd. a
equivocación padecida, crin conveniente oír no particular o parecer do Sr.
Auditor de Marina desta Provª, quen con data de onte exponme o seguinte =
Sr.
Comandante = Non existe nin se me
comunicou Rl. Orde algunha que preveña se obrigue aos matriculados a servir polos
terrestres, e so oín que o Sr. Xefe Político e Intendte previra por
medio do Boletín oficial, que os irmáns, Pais e parentes dos desertores se
presentasen a cubrir a súa praza, e que non facéndoo dentro de certo tempo se lles
arrestase. En tal estado, o arresto dun matriculado por un primo desertor qe
vivía fora da súa compañía e un irmán tamén. Reclamado que parece que xa
descrito desertou tamén, non o conceptúo xusto, pero como se invoca unha Rl
Orde que non teño á vista, será moi conveniente se reclame este matriculado por
Vd. do Sr. Xefe Político como Presidte da Exma. Deputación, o que se
sirva transmitir copia da Rl Orde na que se fundamentou o arresto de
este matriculado, pois tendo o desertor primos terrestres moi aptos para o
servizo e con bens suficientes de máis de dez mil rrs para comprar
un home pola súa conta segundo manifesta a irmá de dito matriculado, non parece
xusto se defraude á matrícula dun individuo facéndose aínda dubidosa a Rl
Orde que sirve de fundamento, que a ser certa parece non se demoraría a
circulación polo ramo pa evitar reclamacións; máis Vd, sen embargo
resolverá o máis xusto = e de
conformidade co seu ditame, o poño en coñecemento de Vd, esperando se servirá
deixar expedita a persoa de Eusebio Cerbiño, polas razóns expresadas, tendo a
ben comunicarme a súa resolución aos fins que poidan convir.”
E de acordo
da Corporación o traslado a V. a fin de que informe ese Concello manifestando
si o matriculado de que se fai mérito no inserto oficio é dos que se achan
inscritos antes do trinta de xuño do ano próximo pasado, cuxo informe evacuará á
maior brevidade.
Deus que a V. ns. as,
Ponteva 6 de Maio de 1839
O DG
Claudio González
Pet Ds
Lorenzo Besada
Sr. Presidte y Ayuntamto de Bueu
Ningún comentario:
Publicar un comentario