A raíz dos distintos cambios no
trazado da procesión de Corpus en Bueu ocorridos nos últimos anos e que se viviron
con disparidade nas opinións dos veciños quero mostrar que noutras épocas isto
era ‘normal’ e adoitaba poñerse a última decisión na alcaldía. Como exemplo a ‘petición’ do
cura párroco de Bueu en 1931, Ángel Rama Lestón que o facía nos seguintes termos:
“Téndose que se
celebrar por disposición popular a festividade do Santísimo Sacramento nesta
vila do S. Martiño de Bueu, vinte un da corrente, o párroco da mesma, que ten a
honra de subscribir, compracese en poñelo en coñecemento de V. por se reserva
algún motivo de orde público que aconselle algunha variante na tradicional procesión
relixiosa subseguinte aos outros actos interinos do culto; así como tamén
respecto ás horas e lugar do concerto vespertino que a banda de música
amenizadora da festa indicada ten, segundo me din, costume de executar en dito
día, para solaz do noso culto e católico pobo.
Reiterando a V. e
ao Concello que tan acertada e prudentemente preside meu humilde, pero leal
cooperación, haberei de agradecerlle no nome da Comisión de festexos, e acatar
miñas reservas o que teña a ben resolver acerca dos mencionados extremos.
S. Martín de Bueu, 16 de xuño 1931
Angel Rama Lestón.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario