Levaban seis días na cadea municipal cando o alcalde recibe
comunicación do gobernador de que lles pon 15 días de prisión dos que se
descontarían os que xa estiveron nesta. E nun segundo oficio o gobernador
indícalle ao alcalde que debe vender os ovos a ‘prezo de tasa’ e poñer o
recadado a disposición da autoridade gobernativa.
O 20 dese mesmo mes o alcalde envía comunicación de que os 292
ovos foran vendidos por 75,15 pts e foran depositadas ao través dunha conta do
Banco Hispano Americano á conta do Xefe Provincial de Abastos.
Por se parecera que o narrado fora unha excepción exemplarizante
dicirlles que non foi así, era un suceso bastante habitual. Como exemplo, no
mesmo Bueu, o mesmo comandante de posto detén a outra veciña de Cangas tamén
como ‘traficante de ovos’ e a manda ao Depósito Municipal á espera do que dispuña
o gobernador. Decomisáronlle 42 ovos. O Delegado Provincial de Abastos manda
vender os 42 ovos e o importe entregalos a “Comisos da Delegación de Abastos”...
1 comentario:
Ven ,na sangre. Jjjjj
Publicar un comentario