“Los
cetáceos de las Rías Baixas, a vista de pájaro” é o último artigo que
puidemos ler esta semana na prensa de Vigo falando dos arroaces, pero houbo
moitos outros: “Los cetáceos de las Rías Baixas, a vista de pájaro”, “Los delfines vuelven a criar en las Rías Baixas”,
“Los delfines mulares de las Rías Baixas, más ‘acróbatas’ que los de Cerdeña y
el Golfo Pérsico”, Las Rías Baixas, el reino de los cetáceos”,
“Los biólogos, sorprendidos ante la inusual y variada presencia de cetáceos en
las Rías Baixas“, etc. Como pode
comprobarse nas hemerotecas é un tema recorrente na tempada estival.
O amigo Miguel díxome que estando pescando
hoxe por Udra mirara moitos arroaces. E falando do tema lembrouse que cando
neno ía co seu pai no barco e as veces escoitaba o son das bufas e sabía que “as
bufas non fan dano nos aparellos como os arroases”.
E
así falamos de cousas relacionadas con este tema, como da actividade lúdica
como “as corridas de arroaces polas festas da Peregrina en Pontevedra”, do
mandado do P. “Los

mandado do P. Sarmiento ao seu irmán para que dese a orde de que se verificase se
os arroaces quedaban cegos en maio e xuño, etc. Logo apareceron nomes coma
Martín Sarmiento, Calo Lourido[1], Felipe
Valdés[2],
etc. e, como non podía ser doutra forma, tamén Bueu e os arroaces...
Ao
longo dos últimos séculos falar na costa galega de arroaces, botos, bufas, golfiños,
toniñas, marsopas, touliñas, etc. era falar de cetáceos e dentro destes de
diversas familias, como a dos delfínidos e case sempre coa mirada posta máis
ben no mundo da pesca e non tanto da bioloxía dos mesmos. Unha mirada un tanto
torcida pois, a maioría das veces, eran considerados polos mariñeiros, sobre
todo xeiteiros, inimigos dende antigo.
O
arroaz ou delfín mular pode verse polas nosas rías sobre todo pola tempada de
verán tras os cardumes de sardiña.
El pensamiento gallego-23_03_1897 |
O mundo
do mar moitas das veces tomou decisións inclementes con respecto a estes
delfínidos, actitude que case sempre os levaba a solicitar ao goberno de que se
autorizasen e se puxesen medios para a total erradicación dos mesmos. Estas
medidas, poucas veces concedidas ían dende a recomendación de batidas,
colocación de redes, presenza de lanchas con tiradores, gardacostas con
artillería pesada etc. e, por pedir ata que interviñese a aviación lanzándolles
bombas.
Exemplo
dunha reunión para acordar cousas deste tipo a temos nunha celebrada en Marín, a finais de marzo de
1897, con representación de todos os
portos da Ría onde se acordou contratar 10 embarcacións con dous mariñeiros e
dous tiradores cada unha “en persecución constante dos delfíns, ata extirpalos”.
A Bueu e Beluso, xunto con Ardán lle correspondían 2 barcos.
[2] Cuadernos de estudios Gallegos, Tomo LI:”El
problema pesquero con los delfines y su persecución en Galicia (siglos XIII al
XX)”
Ningún comentario:
Publicar un comentario