14/04/21

Proclamación da República: Bueu no 14 de abril de 1931

As alegrías, os medos, as esperanzas, as alarmas, as ilusións, os desenganos, etc. danse simultaneamente en case todos os eventos de tipo social e político.

Unha sociedade que maioritariamente tiña moito que gañar e moi pouco que perder, pois pouco posuía, acolleu nos primeiros meses do 1931, a chegada do novo cambio político cunhas expectativas difíciles de acadar en pouco tempo xa que subverter séculos de miseria e imposición, tarefa descomunal e case imposible. O tren da modernidade, do progreso, da democracia, etc. estaba lonxe pero había que intentar collelo.

Polo que non é de estrañar que pobos, por todo o territorio español, se lanzasen ás rúa a manifestar a súa esperanza na recente proclamada República. Bueu non foi unha excepción e a pequena recensión do correspondente de El Pueblo Gallego así nolo confirma:

A noticia de ter proclamada a República en toda España foi acollida nesta localidade con satisfacción xeral.

Grupos numerosos, entusiasmados pola boa nova, non cesaban de aclamar á República.

Disparáronse bombas ao tempo que en medio dos grupos xurdían bandeiras tricolor que eran paseadas en triunfo.

Formáronse manifestacións que recorreron as rúas do pobo, abundando os vítores e aclamacións e os aplausos do xentío que presenciaba seu paso.

O discurso pronunciado en Madrid polo señor Alcalá Zamora foi oído pola radio en casinos e casas particulares.

A impresión no pobo é en xeral excelente, imperando o comentario favorable ao novo réxime.” 

Dicir que nunha desas manifestacións ía de abandeirado un rapaz, que había pouco chegara a Bueu, chamado Gonzalo Torrente Ballester. Aí o puideron ver por vez primeira moitas rapazas de Bueu, entre elas estaban Mª Eugenia Bolíbar e una tal Josefa Malvido coa que un tempo despois casaría.

Ningún comentario: