Unha triste noticia para a cultura galega chegou esta semana. O falecemento do escritor e académico Darío Xohán Cabana Yáñez.
O que poucos saberán é que Darío casou en Bon-Beluso, un 10 de febreiro de 1974, coa bonense Amelia Outeiro Portela.
No ano 1996 un amigo común (José Luís Fernández Aldegunde) púxonos en contacto; e nunha escapada a Bueu, Darío achegouse a falar da súa obra co alumnado do Colexio Público (agora ‘A Pedra’). Foi un día importante para a rapazada, para nós e para el tamén (así nolo dixo). Un dos motivos que tiña para este goce, a parte da actitude favorable dos pequenos, era o comprobar que todos o coñecían ao través do libro “O avión de Cangas” que leran e dun Candil dedicado e reducido para a ocasión,
Dende aquí queremos achegar as condolencias á súa familia e desexarlle que D.E.P.
Para ver o Candil premer aquí:
http://bueu.esy.es/Revistas/O%20Candil/DarioXoan.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario