23/03/22

Boxeo en Bueu (I)

 Hoxe pola mañá de camiño á casa escoitei falar detrás miña a dous rapaces, de boxeo, de kick boxing etc. en Bueu. Nun primeiro momento estrañoume, pero logo lembrei que a miña neta vai tamén a kick boxing e a outras artes marciais no seu lugar de residencia.

Isto tróuxome á memoria que dende hai uns anos teño un telegrama que trata dun evento de boxeo e que estaba á espera de afondar na noticia. Sempre o deixaba para mellor ocasión, e así podería quedar para sempre...

Busquei a carpeta onde o tiña, e por darlle un respiro á seca do blog dos últimos meses, causada por outros traballos, decidín poñelo agora e que poida servir para que outros retomen e amplíen o relato.

O telegrama o envía, no ano 1927, ao Alcalde de Bueu Camilo Davila o Goberno Civil de Pontevedra e que textualmente o transcribo:”𝑺𝒐𝒍𝒊𝒄𝒊𝒕𝒖𝒅 𝒅𝒆 𝑱𝒐𝒔𝒆́ 𝑪𝒖𝒔𝒕𝒐𝒅𝒊𝒐 𝑪𝒐𝒔𝒕𝒂𝒔 𝒑𝒊𝒅𝒊𝒆𝒏𝒅𝒐 𝒑𝒆𝒓𝒎𝒊𝒔𝒐 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒄𝒆𝒍𝒆𝒃𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒇𝒆𝒔𝒕𝒊𝒗𝒂𝒍 𝒃𝒐𝒙𝒆𝒐 𝒆𝒏 𝒄𝒂𝒎𝒑𝒐 𝒅𝒆 𝒅𝒆𝒑𝒐𝒓𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒆𝒔𝒂 𝒗𝒊𝒍𝒍𝒂 𝒏𝒐 𝒑𝒓𝒐𝒄𝒆𝒅𝒆 𝒄𝒖𝒓𝒔𝒂𝒓𝒔𝒆 𝒆𝒏 𝒕𝒂𝒏𝒕𝒐 𝒏𝒐 𝒔𝒆 𝒂𝒄𝒐𝒎𝒑𝒂𝒏̃𝒆 𝒂 𝒍𝒂 𝒎𝒊𝒔𝒎𝒂 𝒑𝒓𝒐𝒈𝒓𝒂𝒎𝒂 𝒄𝒐𝒏 𝒆𝒍 𝑽ª 𝑩ª 𝒅𝒆𝒍 𝒅𝒆𝒍𝒆𝒈𝒂𝒅𝒐 𝒅𝒆 𝒍𝒂 𝒇𝒆𝒅𝒆𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆𝒔𝒑𝒂𝒏̃𝒐𝒍𝒂 𝒅𝒆 𝒃𝒐𝒙𝒆𝒐 𝑫. 𝑮𝒂𝒃𝒓𝒊𝒆𝒍 𝑮𝒂𝒍𝒃𝒂𝒏 𝑴𝒆𝒏𝒅𝒊𝒛𝒂́𝒃𝒂𝒍 𝒄𝒐𝒏 𝒓𝒆𝒔𝒊𝒅𝒆𝒏𝒄𝒊𝒂 𝒆𝒏 𝑽𝒊𝒈𝒐”.

José Custodio Costas era un promotor portugués que sobre todo enfrontaba a púxiles de Portugal e España.

Está claro que tiña interese en organizar un evento puxilístico en Bueu. O novidoso da noticia é que isto ocorría dous anos antes de que este promotor capitalizara os primeiros eventos de boxeo amateur  ao aire libre nos campos pontevedreses de fútbol, o de Eiriña e o de Pasarón.

En Bueu tiña no cartel ao ídolo do boxeo no Morrazo, José Carmelino, que anos despois chegaría a campión galego.

Co paso do tempo os combates de boxeo en vilas como Bueu foron máis habituais do que as hemerotecas recollían. E todo a pesar dos impedimentos que poñían as autoridades, os trámites burocráticos e o control federativo.

 Pero iso queda para outro día...

Ningún comentario: