Levo
moitos meses sen poñer unha entrada no blog por ter o foco noutras cousas...
Aproveito uns minutos para amosar algo que fai tempo agochara nun directorio que
reza como ‘VER’ e que case nunca nin se mira.
Quero falar do cadro «A ceguiña de Bueu» pintado por Federico Ribas Montenegro, o noso veciño por tempadas desde os anos vinte ata o 1936. Un veciño orgulloso de selo e ata presumía diso nas entrevistas nos xornais e revistas madrileñas. Mesmo no artigo que a continuación ímonos a referir di: “... estará xa, cando se publiquen estas liña, na súa posesión de campo de Bueu”.
O artigo “El arte fino de Federico Ribas” foi publicado na revista Vida Gallega, do 8 de xullo de 1931 . Artigo que enaltece a unha gran figura do panorama dos “debuxantes europeos” e no que se queixa do esquecemento de Galicia deste personaxe.
Como soporte gráfico do mesmo podemos ver uns debuxos que formaban parte dunha exposición en Madrid que foron recortados para a ocasión. O primeiro é unha muller sen ollos, implorante que está na compaña de dous nenos. É o que Ribas titulara «A ceguiña de Bueu» e do que o autor do artigo queixábase fora “adquirido por un vasco” e non por un galego.
Unha mágoa que non haxa máis referencias dese cadro, pero cando menos empezar a seguirlle a pista e que Bueu saiba que Federico Ribas o inmortalizou coa súa arte, certo é non só nese, pero si hai algo que o diferenza dos demais debuxos, a temática, os materiais utilizados e a finalidade do mesmo.
Referente a Bueu, na temática os outros debuxos teñen que ver directamente co mundo do mar e os materiais prevalece a plumilla e a finalidade é en viñetas mariñeiras, efemérides (como o San Martiño con ‘Los Unidos del Ayuntamiento de Bueu’[1] en Buenos Aires) ou de deseño para a conserva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario