No primeiro mes do
ano 1914 comezaba o seu terceiro mandato (non consecutivo) como alcalde o
veciño de Cela D. José Rodríguez Estévez. Dentro das ideas que posuía para esa
lexislatura estaba a de promover o pobo de Bueu. Non só en España senón que o
faría en todo o mundo e para iso
aproveitaría a International Tourism Exhibition in London que se celebraría ese ano.
A forma
de promoción acordada sería amosar a beleza natural deste pobo: a súa paisaxe,
o seu mar,... polo que se puxo en contacto co fotógrafo señor Pintos para
encargarlle unha serie de postais.
Probablemente
as fotografía se fixeron máis non temos constancia de se chegaron ou non a ser
enviadas pois, como de todos é coñecido, unha serie de acontecementos
provocaron que a finais de xullo dera comezo a I Guerra Mundial e cambiara o
rumbo e interese de moitos países, entre eles o noso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario