Nos aciagos días, a
partires da segunda metade do ano 1936, moitos mestres sufriron nas súas carnes
os avatares dos acontecementos e das políticas dun país en loita. Foi, sen dúbida, o colectivo máis castigado. Para a tese doutoral “La Depuración del
Magisterio Nacional” o profesor da Universidade Autónoma de Barcelona,
Francisco Morente Valero, fixo un
reconto de máis de 60.000 mestres depurados.
Moitos foron
fusilados ou encarcerados e os que non, case que todos, estiveron na obriga de abandonar
os seus cargos para, previa presentación de informes favorables do alcalde, do
cura, da Garda Civil, etc., someterse a
unha comisión á que tiñan que convencer da súa afección á nova orde.
En Bueu ocorreu o
mesmo que no resto da provincia e do estado. Os nomes que saíron publicados nos
xornais “Por el porvenir de la patria” e suspendidos de emprego por orden do
Gobernador Civil, Ricardo Macarrón:
- Telmo Bernárdez Gómez, mestre do Pósito de Bueu. Foi encarcerado “preventivamente” no Cuartel de San Fernando (Pontevedra) e pasa catro anos de cárcere en cárcere (Ponte Caldelas, San Simón, Figueirido, San Cristóbal de Pamplona, de novo San Simón). No 1947 chega como exiliado a México.
- Teresa López González (7-2-1880/+17-5-1943), mestra da escola de Bueu nº 1 dende 1930 ao 1936. No 1931 ascende de categoría e soldo como mestra. Depurada do 1936-1942. Foi rapada durante a guerra acusada de ser de "esquerdas". Tamén serviu de escusa para facer cunha rúa (hoxe Johan Carballeira) atravesara a súa propiedade.
- Leopoldina Gómez, mestra da escola de Bon-Beluso
- José Hermida García, mestre da escola de Cela
- Eugenia Domínguez Fernández (14-1-1895/+12-5-1983), mestra da escola de Cela. Xa dende os 17 anos era profesora de párvulos e aínda que posuía o título de Mestra Nacional non podía exercer pola curta idade.
Máis o que non pon a publicación anterior era o nome doutros mestres de Bueu que foron
depurados tamén e que algún estivo na cárcere e outros foron rehabilitados axiña.
Neste listado de expedientados atopamos a:
- Francisco Agulla Rodríguez, mestre de Cela. Foi encarcerado na illa de San Simón. Encausado no Tribunal de Responsabilidades Políticas de A Coruña e indultado no 1941.
- Ramona Cabanillas Rodríguez, mestra de escola en Bueu. Depurada 1936-1942.
- José Martínez Camiña, mestre de escola Ermelo. Depurado 1936-1942.
- Guillermo Novío Cardexo, mestre de escola en Bueu. Depurado 1936-1942.
- Lucio Rodríguez Infante, mestre de escola en Bueu. Depurado 1936-1942.
[1] Autor do blog “Pontevedra
nos anos do medo” http://anosdomedo.blogspot.com.es/ e do libro
“Pontevedra nos anos do medo – Golpe militar e represión (1936-1939)”
Edic. Xerais (xa vai pola 2ª edición!)
1 comentario:
Hola son neto de José García Hermida (o mestre de Cela) que está xunto a súa fotografía. Onde podo conseguir a foto orixinal, xa que parece que esa imaxe está cortada. Unha aperta
Publicar un comentario