No ano 1925 falar da “Nova Fábrica” de Massó en Bueu é falar en realidade dunha grande e importante ampliación[1] que grazas aos materiais empregados e ás posibilidades estruturais dos mesmos permiten unha reestruturación espacial que da prioridade ao lugar de produción.
Polo dito podemos intuír a relevancia
da estrutura metálica que permitiu unha arquitectura con grandes espazos en
substitución dos voluminosos muros de carga orixinais que fixeron desta un
elemento interesante a conservar dentro do noso Patrimonio Industrial.
Pero como moitas cousas na nosa
contorna foron esvaecéndose por mor dos remuíños da política, da crise, do
pensamento acultural, do ‘deixa que xa’...
O que agora quero é facer unha
lembranza dos “ferros da fábrica” ao
través do primeiro presuposto[2] da
Compañía Anónima Basconia para a construción e montaxe dos mesmos.
Datos finais tendo en conta o Plano
de armadura e columnas para a fábrica:
Peso
aproximado da estrutura: 91.000 kg.
Prezo
do material pintado de minio: 81.445 pesetas
Montaxe:
9.100 pesetas
Tempo
de construción en talleres: 12 semanas
Tempo
de montaxe: 8 semanas
Prezo
total da obra: 90.545 pesetas
Nota: Grazas a Manuel Aldao por facilitarme os dous documentos
[1] A primeira relevantes desde a construción da fábrica vella. A segunda
ampliación foi unha segunda nave aínda maior que a primeira.
[2] O segundo presuposto, e definitivo, rebaixa o número de semanas, de 35 a 20, para construción
e montaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario