A multa na que hoxe nos paramos pon de manifesto, unha vez
máis, o vencello histórico das Ordenanzas e das Leis á moral relixiosa. Non fan
falta moitas explicacións xa que, como pode lerse na transcrición, se comenta
por si sola.
Providencia
Na
Consistorial de Bueu a dezanove de decembro de mil oitocentos noventa e nove, o
Sr. Alcalde Dn Miguel Nogueira por ante min secretario dixo: que
como queira que Agustín Pastoriza e Pastoriza, veciño de Beluso do lugar de
Montemogos, permitiuse o día domingo dez do corrente transitar polas rúas desta
vila e camiño público que de aquí pasa a Cangas co seu Carro, causando
escándalo e en aberta oposición ao disposto no Artº 19 das vixentes Ordenanzas
Municipais, vin en impoñerlle por tal infracción a multa de dez pesetas que
fará efectivas no papel correspondente existente no arquivo Municipal e dentro
do prazo de catorce días a contar desde a data da notificación desta
providencia, pois pasado o cal sen liquidar o importe, incorrerá no prema do
cinco por cen diario do total da multa ata facer o duplo da mesma, que en tal
caso farase efectiva pola vía xudicial conforme ao disposto nos artigos 77,
185, 186 e 188 da vixente Lei Municipal.
Así o
resolveu dito Sr. Alcalde do que eu Secretario Certifico
(Asinan:
Miguel Nogueira e José Plácido Lino)
Ningún comentario:
Publicar un comentario